“Buscando a superfama”, mellor viedeoclip

O xurado dos videoclips da XIII edición do Festival de Cans, formado por Déborah Vukusic, Pablo González Batista, Teresa Cuíñas e Amaro Ferreiro, acordou outorgarlle o Premio ao Mellor Videoclip a “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, por ser un videoclip no que imaxe e música dialogan en igualdade de condicións, por ser unha peza que amplifica unha canción moi pegadiza e reflicte moi ben o seu contido, por representar á perfección ao grupo e o seu espírito, e por mostrar un gran equilibrio entre medios de produción e creatividade.

O xurado quixo facer tamén unha mención especial ao videoclip “El último esfuerzo” de Manos de Topo, dirixido por Alejandro Marzoa, por transgredir as fronteiras do videoclip e convertelo nunha curtametraxe, por ser técnicamente impecable e pola súa capacidade para facer unha parodia do grupo que alcanza a outras formacións musicais coas que Manos de Topo adoita compartir escenarios.


Esta noite coñeceremos tamén o mellor viedeoclip e a mellor obra da Can Parade segundo o criterio do público.